Zona Champions
A Champions, na TVG e en www.crtvg.es
A Galega será testemuña esta noite da sentenza clave para o Real Madrid, ao comezar a rodar os partidos de volta dos oitavos de final da Liga de Campións, con toda a emoción de gañar o pase a cuartos. Nesta cita clave, a Galega volve estar no máximo foco do interese, pois ofrecerá en directo e en exclusiva o partido que enfronta o R.Madrid co Olympique de Lión (20.45h), cos comentarios desde o Santiago Bernabeu de Xosé Manuel Moldes e do adestrador Fernando Vázquez.
O encontro manterá a máxima expectación sobre os de Pedegrini, despois de que o club branco conseguise ser o novo líder da liga española, o que lle dá novos folgos para superar o mal encontro de ida e librarse por fin da espiña dos oitavos, se é capaz de abater a un rival forte acostumado a pelexar nestas lides. A presión é maior se cabe no estadio do Madrid, pois este ano vai acoller a final da Liga da Campións e a afección querería ver a apoteose final co seu equipo.
Á noite, arredor das 00.30h, a Galega ...
A tarde
Revista de información e entretemento que aborda asuntos da sociedade e da actualidade galega, con participación activa dos oíntes.
A Tarde é un programa revista de información e entretemento en que se abordan asuntos de sociedade vinculados á actualidade galega e en que se propicia a participación activa dos oíntes. O espazo conta cun destacado grupo de colaboradores entre os que se encontran, entre outros, Uxía Blanco, Iago Tabarés, Víctor Vázquez Portomeñe, Luís González Tosar, Nacho Mirás, Perfecto Conde, Xabier Macías, Amelia González, María Xosé Porteiro, Ana Miranda, Miguel Anxo Bastos, Maite Cancelo, Xulia Guntín e Guadi Galego.
O equipo do programa, dirixido por Miguel Túñez, profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, está integrado por Victoria Rodríguez, Sevi Martínez, Cristina García e Rocío Pereira. Da produción encárgase Maca Reimúndez e do control técnico Chus Silva.